23 dic 2013

Bo Nadal

Aitana, o útlimo día de clase, deixou unha felicitación de Nadal moi bonita. As palabras que escribiu tamén eran moi fermosas. Por iso, creo que non lle importará que a comparta con vós, engadindo algúns detalliños…

A postal de Aitana

17 dic 2013

A foto da fama

Na etiqueta TIC que hai no blog están todos os que fixeron algunha presentación para a clase, como investigadores famosos nas novas tecnoloxías. Se premes nesa etiqueta, poderás ver todos os seus traballos voluntarios. Pero tamén podes facer outra cousa. Se moves o rato sobre esta fotografía, observarás que ten certas zonas activas, que aparecen con símbolos vermellos. Esas marcas están sobre os autores das presentacións realizadas. Preme en cada unha para ir directamente ás súas entradas.

15 dic 2013

Tamén estamos en YouTube

Case ao final deste primeiro trimestre, por fin estamos no noso canal de Youtube. Neste pequeno vídeo hai diversas fotos da festa dos 1.000 comentarios, que xa fixemos. Realmente, creo que o se celebraba era a vosa participación no blog, que non sería posible sen a colaboración das familias da nosa aula…

13 dic 2013

Chegamos aos 1000 comentarios

Para celebrar que xa conseguimos os 1.000 comentarios no blog, hoxe fixemos unha gran festa. Desa tarefa encargouse un bo equipo, o que formaron Aitana, Sergio, Silvia e Antón. A axuda das familias foi moi importante, pois prepararon tres tartas riquísimas, e ademais aportaron todo o que resultou necesario. Así que grazas, grazas e grazas!

Tamén vimos unha película do director Michel Ocelot: Azur e Asmar. Por sorte, agora a película estará no blog, para que vexas tantas veces como queiras. Ah, algunha cousa haberá que facer máis adiante…

11 dic 2013

Chega o final do outono

Aproveitando que xa temos unha boa listaxe de investigadores, os catro primeiros participan nesta postal do NadaL. E que con ela vaian os nosos mellores desexos para todo o mundo…

FELICES FESTAS!

Gabriela, Nicolás, Hugo e Aitana

8 dic 2013

Compartir, unha gran palabra

Agora que xa chegamos aos 1000 comentarios e estamos a preparar unha boa festa, o verbo compartir é a nosa palabra. Porque ademais compartimos as nosas tarefas voluntarias e as cousas que sabemos. Por exemplo, estas dúas presentacións:

  • Los animales, de Luis Rodríguez Rodríguez.
  • El Sistema Solar, de Xabier González Varela. A súa irmá Iria colaborou con el, pero o traballo é seu. E seguro que vai sorprender.

Luis e Xabier

Tamén aparece unha nova etiqueta no blog, Protagonistas, onde haberá fotos e imaxes incribles. Como a que está nesta entrada…

5 dic 2013

Necesitas un pouco de motivación?

Creo que é un bo momento para coñecer a Nick Vujicic. Trátase dun ser humano moi extraordinario, do que sempre podemos aprender. Por exemplo, con el a expresión ser agradecido ten moito máis valor…

4 dic 2013

Julia y Sara en la Navidad

Por fin podemos mostrar una presentación hecha en colaboración. Julia y Sara Sánchez son las autoras que decidieron trabajar y cooperar de manera voluntaria. Además, eligieron un tema de actualidad y festivo, porque ya estamos en diciembre…

2 dic 2013

A Galaxia das Palabras

Nas nosas propias cartografías imaxinarias para despois de ler, xa falamos das Estrelas das Historias. Agora, coa actividade destas galaxias, trátase de escribir o vocabulario que máis nos gustou de certo libro, conto ou relato. Serve para entender e comprender aquilo que lemos, e por iso despois é necesario facer un pequeno resumo con esas palabras. Por exemplo, do conto de Gianni Rodari titulado Pobres fantasmas

Antón Silvia
Gabriela Sergio

1 dic 2013

Los gatos de Antón

En esta oportunidad es Antón quien nos presenta un trabajo extra y voluntario. Trata sobre los gatos, y, curiosamente, se relaciona con la última investigación que hicimos acerca del Antiguo Egipto…