28 sept 2014

Na Ruta da Seda

Ismaíl non regresou á aula, e aínda agardamos por el. Din que viaxou lonxe, ata a mesma Ruta da Seda. Pero aquí estamos nós, os seus amigos. E para que volva canto antes, empezamos a ler contos desas terras tan afastadas. Así entramos nun novo proxecto. Primeiro con Gulnara a guerreira, e agora coa princesa Leitzu…

Segundo unha historia moi antiga, foi a princesa chinesa Leitzu quen descubriu a seda. Mentres paseaba polo seu xardín, fixouse nun estraño verme que se estaba a atracar de follas de moreira. Durante varios días, observouno mentres fiaba unha dourada rede ao seu arredor, e imaxinou que era a alma dalgún antepasado.

Unha tarde, viuno encerrarse nela e creu que morrera, ata que a bolboreta reencarnada saíu do casulo. Xogando, desconcertada, caéuselle por erro no té de xasmín que bebía. Algo distraída, colleu a fibra abrandada e comezou a debandala, cada vez con máis asombro, nun longo filamento de relucente seda.

Co paso do tempo, ensinou a arte da fiadura da seda e a cría do misterioso verme. E á súa morte foi convertida en deusa e situada no fogar celestial de Escorpio, a constelación da Casa da Seda.

22 sept 2014

Europa, o noso continente

Estamos en sexto e hai que saber de xeografía. Seguro que con axudas así todo resultará máis doado:

Toporopa

17 sept 2014

O Sistema Solar e a Terra

Aquí tes unha tarefa de autoavaliación: fíxate nos contidos e usa o libro. Ao final, comproba o que sabes…

Preme na imaxe

16 sept 2014

Linguas, Mates, Medio [1]

A partir de hoxe, e sempre que haxa posibilidades, haberá tarefas especiais para os distintos temas dos libros. Por iso, empezamos polo principio de todo.

Lengua Castellana

Matemáticas: Sistemas de numeración

Coñecemento do Medio

10 sept 2014

A volta ao colexio

Hoxe, logo do verán, regresamos á nosa aula porque o colexio estaba aberto de novo. Foi á mesma hora de sempre, aínda que este curso será un pouco distinto. Os de sexto xa son os maiores! Así que esta vez, como son grandes, entraron de primeiros; pero Ismaíl non estaba agardando. Ao parecer, atópase nalgún lugar da lexendaria Ruta da Seda. A ver se volve pronto…

 

7 sept 2014

Hai alguén por aí?

Durante un tempo foi Sivia a nosa defensora, e por iso mereceu o seu recoñecemento. Pero agora, case a piques de rematar o verán, son dous nenos os máis presentes no blog: Xabier e Nicolás. Eles souberon como buscar o tempo necesario para lembrar que Ismaíl e todos nós aínda estamos aquí… Son uns heroes!

Xabier e Nicolás