29 nov 2013

Linguas, Mates (5); Medio (6)

Continuamos, claro. Pero, como sempre, antes tes que investigar para responder sen demasiados erros…

Lengua Castellana

Matemáticas: Operaciones con números decimales

Coñecemento do Medio: Deixamos atrás a Prehistoria e agora estamos na Idade Antiga: na vella Hispania, na antiga Galicia, no tempo dos romanos. Para que che sexa máis doado aprender estas cousas, aquí tes moitos materiais e vídeos…

26 nov 2013

A nosa aula

Hoxe recibimos a primeira felicitación de Nadal, que fixo Ignacio de maneira voluntaria. Aplaudimos e agradecímosllo moito. Así que, por esa razón, é unha boa oportunidade para mostrar este vídeo coas fotos de toda a aula

25 nov 2013

Julio Verne y Daniel

El gran escritor Julio Verne ya ha merecido una parte de nuestra atención, que también él visitó la ciudad de Vigo. Pero ahora Daniel nos pide un esfuerzo más: que veamos con atención las diapositivas que nos presenta sobre su vida y algunas de sus novelas…

21 nov 2013

Aula investigadora 1

Hai que contalo ben alto, temos unha clase moi exploradora. Chega con dicir unha idea para que aparezan de inmediato os investigadores voluntarios que se necesiten, tanto nenas como nenos. E non importa o tema, porque son capaces de investigar calquera cousa. Exemplos: animais en perigo de extinción, caligramas, dinosaurios, Andersen, a torre de Hércules, a pita do monte, o sectores económicos, climogramas, a mesquita-catedral de Córdoba, Italo Calvino, Medina Azahara, ríos do mundo, mandalas, Eduardo Pondal, o rei Arturo

Os que máis investigaron nesta primeira fase foron: Adrián Blanco (4), Alba (2), Nicolás (8), Gabriela (8), Julia (3), Daniela (4), Javier (3), Luis (1), Antón (1), Sergio (1), Silvia (1), Sara Vázquez (2), Aitana (5), Hugo (10), Natalia (2), Sara Sánchez (2), Pablo (4), Daniel (4).

20 nov 2013

Os primeiros poboadores

A Prehistoria é o primeiro gran período da Humanidade e durou varios millóns de anos, e por iso ten o seu propio post. Tes que saber que se divide en tres partes: o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais…

19 nov 2013

O nome de Saidabad

Noutro post anterior, xa explicamos como o nome de Saidabad recibira unha atención especial. Aquí está o traballo que o demostra, con estes debuxos tan ben realizados e coloreados.

Ismaíl o diminuto on PhotoPeach

As viaxes de Simbad

Hai uns días coñecimos a un antigo viaxeiro chamado Simbad, que aparece nun famoso libro titulado As mil e unha moites. Lembras aquela investigación? Todas as viaxes que fixo Simbad, e que foron sete, están aquí, para os lectores máis valentes. E esta historia e este libro serán a primeiras estrelas que alumerán na nosa aula, como se di no cartel que fixemos.

De momento, imos prestar tención á primeira viaxe deste mariñeiro árabe: Simbad e as illas marabillosas.

Para as actividades que farás, talvez sexan de utilidade estes enlaces: antigas ilustracións de Simbad e debuxos para colorear. Por último, neste sitio atoparás unha incrible sorpresa…

17 nov 2013

Ideas para non esquecer

O tempo pasa e xa entramos na penúltima semana de novembro. A clase segue o seu ritmo diario, camiñando e avanzando, e por iso hai que ter en conta as cousas que non se deben perder. Por exemplo, o bo trato. Así, estaremos unidos…

15 nov 2013

Los mandalas de Gabriela

La colaboración de las familias sigue ofreciéndonos grandes sorpresas, como esta presentación de Gabriela. El tema que eligió, los mandalas, hizo que recordase que ya Javier nos enseñara un libro sobre ellos. Y es que nos gustan mucho, porque mientras se hacen la mente se relaja y los pensamientos vuelan…

13 nov 2013

O tesouro de Ismaíl

Hoxe sucedeu algo inesperado. A nai de Adrián B. fixo un descubrimento sorprendente, coa idea de entender o nome de Ismaíl de Saidabad. Aínda que hai outras razóns que xa vos contarei, seguro que todo ten que ver co noso novo proxecto: O teouro de Ismaíl. Lembrade que para participar é necesario que demostredes algúns coñecementos no uso dun procesador de textos, como Word, para utilizar logo o que está nos ordenadores de Abalar.

Mentres agardamos polos vosos contos, creo que é unha boa idea que leades a primeira e a última das historias xa coñecidas:

  • O pobre Ismaíl, que en 1996 foi escrita por Vanesa Medín.
  • Ismaíl e Drago: que empezou Vanesa Bouzas no ano 2007, e que María Pardo decidiu continuar o pasado curso, en 2013. Creo que se trata dunha gran historia…
    1. Ismaíl e Drago
    2. O regreso
    3. O mapa
    4. A busca
    5. A montaña
    6. A execución

O tesouro de Ismaíl

12 nov 2013

Adrián B. y los caballos

Otra gran presentación y otra muestra de colaboración familiar, como en el anterior trabajo. Ahora es Adrián Blanco quien nos presenta su afición por los caballos, esos animales tan increíbles…

11 nov 2013

Linguas, Mates, Medio (4)

Seguimos, que aínda hai moitísimas tarefas por facer. Como sempre, antes tes que investigar para responder sen demasiados erros…

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números decimales

Coñecemento do Medio

I need some space é un espectacular vídeo que nos leva de viaxe polo Sistema Solar. Todo o que aparece foi creado por Shane Gehlert usando modelos en 3D y imaxes da NASA.

7 nov 2013

Nicolás y Daniel

Otros dos buenos trabajos, y esta vez de dos niños, que ya era hora. Nicolás nos habla de la historia de una torre antigua, y Daniel clasifica a los mejores jugadores de fútbol. Aquí están:

6 nov 2013

Daniela e os bailes

De novo unha nena presenta un fermoso traballo no blog. Daniela contou coa axuda da súa irmá, pero é a ela á que lle gustan moito os bailes. Creo que Ismaíl xa está agardando que o demostre…

4 nov 2013

De cando Ismaíl chegou a Galicia

Despois de revisar as historias que se escribiron sobre Ismaíl, descubrín con sorpresa que son un montón. Moitos nenos e nenas atoparon cousas da súa vida que nin eu mesmo sabía. Por sorte, algunhas xa están ben gardadas, pero outras aínda están escritas a man. Por iso, Ismaíl quere que ordene todos eses materiais para que non se perdan. E como agora estades practicando a mecanografía, creo que a vosa axuda sería moi boa para xuntar esas historias… Apúntaste como voluntario e colaboras?