Cando empezamos o proxecto, o final parecía moi lonxe, pero chegou. No mes das Letras Galegas, ademais de celebrar a nosa lingua, tamén será a festa do regreso a Galicia. Deixamos atrás altas montañas, desertos inmensos, profundos ríos e, sobre todo, saudamos ás súas xentes, tan iguais a nós.
As tarefas desta última etapa son as seguintes:
- Na páxina do proxecto, analizarás os enlaces con contos de España, Galicia e Culleredo. Estes, que son poucos, aparecen en Galicia Encantada.
- Tes que elixir dous, ao teu gusto. Deberás lelos moi ben, para coñecelos e, incluso, para poder contalos.
- Logo deberás preparar para cada historia algunha sorpresa bonita, asombrosa, marabillosa... Ao final, estará de feito no teu libro.
- Se queres, e se es valente, poderías facer algunha sorpresa TIC: unha presentación para o proxecto, un arquivo de texto en word, un debuxo dixital…
A sorte é que pode haber outras sorpresas. Por exemplo, Gabriela ten preparado un cursiño de encadernación, e a súa idea aparece na fotografía. Sara Sánchez fixo a Ismaíl coas famosas gomiñas, e seguro que pode ensinarnos os seus trucos… Carla, que é de 4º B, regalounos unha pequena tartaruga realizada tamén con ese material. Serve de metáfora para toda esta experiencia de contos, de historias e de mapas: camiñante, non hai camiño, o camiño faise ao andar…
NOTA: A ver quen descubre ao autor desas últimas palabras, que el escribiu como versos dun poema.