Os monstros da lectura como Fahrenheit sempre están atentos. Ao igual que o curso pasado, os nosos contacontos voluntarios salvan libros e lectores. Pero é importante que ninguén da aula estea atrapado por un monstro. Se a lectura parece vencida, non podemos deixar que iso ocurra…
8 feb 2015
10 oct 2014
Voluntarios contra Fahrenheit
Os monstros de Fahrenheit regresaron. Co seu poder atraparon de novo a algúns dos nosos aprendices, e polo tanto precisan a vosa axuda. O que pedimos son voluntarios para conseguir o seu rescate lector. O que buscamos son compañeiras e compañeiros que non sintan medo, e así poder salvar a eses “prisioneiros” das letras e dos monstros… Apúntate, por favor!
6 may 2014
Os monstros de Fahrenheit
Xa contamos que hai que salvar aos libros de Fahrenheit, o monstro. Para conseguilo, hai que ler ben, pois é o único remedio que funciona contra esa besta que devora libros e lectores. Por iso pedimos axuda ao mago Rodari e aos seus Contos para xogar. Así que traballa en equipo e prepara as túas lecturas. Se quedas atrapado, ninguén sabe o que che pasará…
24 abr 2014
Rodari quere xogar contigo
Xa coñeces o libro Contos para xogar, porque aparece na nosa estantería virtual. O libro de Gianni Rodari está formado por 20 historias, e cada unha ten tres finais, a escoller por cada lector ou lectora. Así que deberás elixir e ler un dos seus contos, e logo seleccionar o final que máis che guste. Claro que antes haberá que repartilos ben, e ademais loitar contra Fahrenheit, o monstro devorador. Pero, salvaremos aos nosos lectores e ás historias do libro! Aquí están:
- El tamborilero mágico; Pinocho el astuto; Aquellos pobres fantasmas; El perro que no sabía ladrar; La casa en el desierto; El flautista y los automóviles; La vuelta a la ciudad; Cuando en Milán llovieron sombreros; Alarma en el nacimiento; El doctor Terríbilis; Voces nocturnas; Mago Giró; La aventura de Rinaldo; El anillo del pastor; Taxi para las estrellas; La enfermedad de Tino; Aventura con el televisor; La gran zanahoria; Cien liras en el bolsillo; El gato viajero.
8 abr 2014
Salvemos aos libros de Fahrenheit
No mundo imaxinario de Fahrenheit 451 a xente sabía ler, pero realmente estaba prohibido facelo. Só podían coñecer as instrucións que lles indicaban, e nada de historia, filosofía ou literatura… Por iso na clase precisamos de lectores que salven aos libros. E aínda que xa temos, necesitamos máis, moitos máis. E tamén por iso disfrutamos de contadores de historias para os nenos e nenas de Infantil. Pois eses contacontos son lectores e lectoras que salvarán libros para outros. Como Alba e Aitana; Adrián M. e Javier; Sara V., Silvia e Xabier; Gabriela e Antón; Daniela, Natalia e Adrián B.; Sergio, Pablo e Hugo; Julia, Sara S. e Matías…