O principio pasou hai tanto tempo que a Ismaíl xa lle parece un soño. Pero el aínda lembra que estaba en Malpica, onde viviu moitos anos, e que alí tivo a súa primeira páxina web. Hoxe só quedan poucas cousas e moi desorganizadas: os seus contos, as visitas…
Xa en Culleredo, neste colexio, abriu o seu primeiro blog que se chamou Escola de Ismail (1). Despois chegou a Escola de Ismaíl (2), e uns anos máis tarde a Escola de Ismaíl (3). Aquí coñeceu a nenos e nenas que tamén estudaron quinto e sexto de primaria. Pero medraron moito e por iso marcharon para o instituto.
Agora non queda outro remedio que abrir un novo blog: Escola de Ismaíl (4). Desa maneira, Ismaíl estará cos seus novos amigos de quinto curso, que contan que son xente moi estupenda. Ademais, acaba de coñecer a un ser da súa mesma especie que se chama Arás. Creo que está moi feliz.