Esta é a semana das Letras Galegas, que, ao parecer, ata chegan a outros sitos da galaxia… Como sabedes, este 17 de maio está dedicado a Xosé Filgueira Valverde, que tamén foi poeta, entre outras cousas. E nós, por iso, estamos lendo, recitando, cantando e gravando algúns dos seus versos.
13 may 2015
22 mar 2015
Alba e Gabriela coa poesía
Coa primavera apareceu o Día Mundial da Poesía e, ademais, chegaron Alba e Gabriela con versos do poeta Gustavo Adolfo Bécquer… Porque hoxe seguen a ser necesarias tanto as palabras como a creatividade da poesía:
- A casa das palabras (Marica Campo)
- Polas ondas un navío (Antonio García Teijeiro)
- Palabras de Rosalía de Castro
- Máis palabras de Rosalía
- Os poetas novos do Burgo: a pequena fábrica de versos.
25 mar 2014
Os poetas novos do Burgo
A nosa Aula de poesía, tan chea de poetas novos e novas promesas, necesitaba dun sitio especial onde recoller os seus traballos. E para iso o mellor é un mapa coas rúas e prazas do Burgo. Pois alí está o seu colexio e a súa aula de 5º, e aí viven estes aprendices de escritores…
Ver Os poetas novos do Burgo en un mapa más grande
19 mar 2014
O Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo, coa chegada da primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía. En moitos lugares do mundo, para reflexionar sobre a palabra e os versos, neste tempo fálase de poemas e dos poetas. Así faremos nós, que por iso temos a nosa Aula de poesía:
- Hai que ler: Son de poetas; Tres poemas de Nicolás Guillén; Nos gusta la poesía.
- El lenguaje literario
- Os acrósticos e os caligramas
- Axudas para facer versos (de Alquimistas de la Palabra)
- Rimador punto Net (en galego)
- Rimador punto Net (en castellano)
- Diccionario de rimas
- ImageChef: serve para que as palabras e os versos que escribas adopten algunhas formas curiosas.
Claro que o 21 de marzo tamén se celebra outra cousa importante: é o Día Internacional dos Bosques…
5 feb 2014
Polas ondas un navío
Do poeta Antonio García Teijeiro aprendimos estes fermosos versos, que teñen o aire medieval de Martín Códax. Está moi presente en internet, e podes atopalo en varios sitios. A voz que recita o poema é de Aitana, pero os debuxos son de Diego, Alba, Daniela, Gabriela, Sara S., Silvia e Xabier, e tamén dela. Ben, en realidade non son debuxos acabados, son borradores…
28 ene 2014
Os nosos pensamentos de paz
Hai pouco que falamos da princesa Malaika e das súas cousas. Pois ben, esta idea chegou lonxe de aquí, e por iso nun sitio que chama Invery Crea falaron de nós. E falaron bonito, o que agradecemos moito. Agora dicimos, para o mundo, os nosos pensamentos sobre a palabra PAZ…
22 ene 2014
As súas voces nos versos
Xa falamos do poema de Marica Campo titulado A casa das palabras. Pero o son das súas voces lendo e recitando eses versos non se escoitara no blog. Pois aquí están, aínda que irán aparecendo pouquiño a pouco…
12 ene 2014
A casa dos libros
Algúns dos libros que xa son as nosas estrelas foron citados pola escritora Marica Campo nesta poesía. A nós serviunos para lembrar que, no mundo de todas as palabras, ler é unha festa. Ah, e tamén para empezar a recitar…
Quero unha casa branca
con mil xanelas
e debruzarme en todas
a ver a festa.
Quero esta casa branca
que son os libros
para vivir as cousas
que outros viviron.
Poderei ser Alicia,
cruzar o espello;
ir por todas os mares,
capitán Nemo.
Escoitar os Cantares
de Rosalía,
voar da Terra á Lúa,
volver no día.
A casa das palabras
ten mil xanelas,
cada xanela un conto,
ler é unha festa.
18 oct 2013
Acrósticos no outono
Aprender a facer acrósticos non é tan difícil, porque hai moitos sitios para investigar. Como é tan fermoso xogar coas palabras, para escribir os primeiros acrósticos xogamos cos nosos nomes…
17 oct 2013
As imaxes das palabras
15 oct 2013
Aula de poesía
Nesta aula máis “poética” xogarás cos abecedarios e as formas das letras. Tamén xogarás coas palabras e as súas imaxes, como os acrósticos e os caligramas. E ademais xogarás cos versos e as estrofas, coas poesías e as cancións.
A poesía necesita unha actitude diferente… Pecha un pouco os ollos. Abre a porta da mente. Entra. Imaxina. Busca palabras especiais. Palabras coa súa forza interior: nomes, adxectivos, verbos. E conta e canta e, para empezar, practica aquí:
- Tagxedo – Creator: nubes de palabras que poden adoptar a forma de diversas imaxes.
- RIMADOR punto NET, el super rimador de palabras: o buscador de rimas máis grande de Internet.
- Poesía, en Alquimistas de la Palabra: para o xogo con distintas clases de versos e poemas.