21 ene 2014

19 ene 2014

Malaika, a princesa

O próximo 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. É unha celebración que sempre debería estar na nosa memoria.

Esa palabra, a memoria, aparece na historia de Malaika. Trátase dunha nena que é unha princesa moi especial…

18 ene 2014

Pablo e o Atlético de Madrid

Unha nova presentación, e esta vez é de Pablo. Seguro que con ela empezamos, de novo, a recibir moitos máis traballos voluntarios semellantes, onde se usen as novas tecnoloxías. Así que hoxe felicitamos a Pablo por esta bonita investigación…

12 ene 2014

A casa dos libros

Algúns dos libros que xa son as nosas estrelas foron citados pola escritora Marica Campo nesta poesía. A nós serviunos para lembrar que, no mundo de todas as palabras, ler é unha festa. Ah, e tamén para empezar a recitar…

O bosque dos libros?

Quero unha casa branca
con mil xanelas
e debruzarme en todas
a ver a festa.
Quero esta casa branca
que son os libros
para vivir as cousas
que outros viviron.
Poderei ser Alicia,
cruzar o espello;
ir por todas os mares,
capitán Nemo.
Escoitar os Cantares
de Rosalía,
voar da Terra á Lúa,
volver no día.
A casa das palabras
ten mil xanelas,
cada xanela un conto,
ler é unha festa.

9 ene 2014

Os libros son estrelas que…

Primeiro foron as Estrelas das Historias, e logo apareceron as Galaxias das Palabras. Agora, por fin, chegan os nosos libros, que son como as estrelas que alumean no ceo de noite. Por iso hainas de cor vermella, amarelas, azuis e incluso brancas. En todas elas, no seu interior, hai sempre os mesmos elementos: protagonistas e personaxes, escenarios e lugares, problemas, desenlaces e finais.

Eses son os ingredientes das historias que contan os libros…

1 ene 2014

Feliz 2014

Con fotos dos que comentaron no útimo post, desexamos un feliz ano a todas as familias e amigos. Están Lucía, Sara Sánchez, Antón, Aitana, Daniel, Javier, Sergio, Nicolás e Gabriela, que enviou unha bonita fotografía co seu can. Tamén agradecemos os comentarios de Clara e Iago, do anterior blog, e de Monse, a nai de Gabriela.

Feliz 2014