O poema Terra sucada de Xosé María Díaz Castro está no seu único libro: Nimbos. Gravamos a lectura desa poesía coa voz de Sergio, e usamos unha aplicación para teléfono móbil chamada Tellagami. Con ela podes contar pequenas historias a través de sinxelos vídeos animados. Outra contribución para o día das nosas letras…
15 may 2014
12 may 2014
100 comentarios polas Letras Galegas
Foi Julia a primeira que investigou esta celebración, e así descubriu o nome do escritor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Despois apareceu Lucía con outro traballo sobre Xosé María Díaz Castro, que é como se chama o escritor homenaxeado. Por último, Julia tamén debuxou a imaxe para este post, aínda que tivo a axuda de Aitana. Agora presentamos o reto: queremos 100 comentarios (ou máis). Que sexan mensaxes sobre o autor, a nosa lingua e a literatura, Galicia e o mundo… Pero todo ben escrito e con palabras galegas, que son ben fermosas.
- O escritor en Abalar
- Actividades do Seminario Galán
- Materiais da Coordinadora Galega de ENDL
- LUSCOFUSCO, blog do ENDL do noso colexio
11 may 2014
Lingua, Mates, Medio (13)
Hai que empezar contidos novos e novos temas. Ademais, a Ismaíl encántalle o número 13…
Lengua Castellana
- Unidad 13: La anciana astuta…
Matemáticas
- Medidas de superficie
- REPASO: Las figuras planas
- REPASO: División de números naturales
- REPASO: Operaciones con números decimales
Coñecemento do Medio
Actividade extra: Aquí está o vídeo que vimos en clase. Xa sabes que deberás facer un bonito traballo, e lembra que será en galego. Preme na imaxe.
9 may 2014
A Terra desde o espazo
A axencia americana NASA creou un canal de vídeo que retransmite en directo imaxes do noso planeta desde a Estación Espacial. Utiliza catro cámaras de moita calidade, ata o mes de outubro de 2015. Así que é una gran oportunidade para ver a Terra desde o ceo infinito. Disfrutemos e coidemos o noso mundo, que só hai un…
6 may 2014
Os monstros de Fahrenheit
Xa contamos que hai que salvar aos libros de Fahrenheit, o monstro. Para conseguilo, hai que ler ben, pois é o único remedio que funciona contra esa besta que devora libros e lectores. Por iso pedimos axuda ao mago Rodari e aos seus Contos para xogar. Así que traballa en equipo e prepara as túas lecturas. Se quedas atrapado, ninguén sabe o que che pasará…
4 may 2014
Felicidades, mamá!
Este é un día especial para as nais e as familias, pero tamén para o noso blog. Por iso, agardamos que disfrutedes co seguinte vídeo e coas súas imaxes. Se é así, seguro que poderemos ler un montón de comentarios e mensaxes… Anímate e participa!
2 may 2014
Cartografía das historias
A cartografía é unha ciencia que se encarga da elaboración dos mapas. Pero aquí usamos esa palabra para falar dos mapas dos libros, que poden servir para recoñecer e comprender a estrutura dos relatos. Así, na nosa cartografía están: as galaxias de palabras, as estrelas das historias e, por último, os mapas dos libros, sobre todo en forma de bocatas…