22 feb 2014

De princesas e bandidos

Para este Entroido escollimos a historia de Alí Babá e os 40 ladróns, que está no libro de contos As mil e unha noites. Pois no colexio gustou moito a idea dos contos do mundo. Así que estamos na busca dos materias que precisamos, que durante os próximos días todo empezará, ata a gran xornada do venres…

18 feb 2014

Cuerdas

Esta pequeña película, Cuerdas, acaba de ganar el Premio Goya 2014 al mejor Cortometraje de Animación. La protagonista es una niña que se llama María, que está en un orfanato. Su vida se verá alterada por la aparición de un niño especial…

13 feb 2014

Algunhas ferramentas para investigar

Todo o mundo sabe que temos unha aula moi investigadora. Por iso, é necesario saber onde hai recursos para explorar. Pois non é unha boa idea usar sempre os mesmos. Aquí unha listaxe para empezar…

A seguinte película, que é un pequeno vídeo, non trata o asunto das nosas investigacións. Pero avisa que hai que pensar antes de actuar. E tamén antes de investigar. Xa verás a razón…

10 feb 2014

Linguas, Mates, Medio (8)

Hai que seguir, que non acabamos. Pero antes terás que investigar para responder sen erros. As unidades de lonxitude e o estudo das células son dous temas novos. A medida das cousas é o seu punto en común. Todo o demais é diferente…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

A partir de obxectos e seres que se miden co metro, esta animación permite que fagamos unha viaxe ata os mundos microscópicos e tamén ata os lugares máis grandes do Universo. Preme aquí ou na imaxe, e move o cursor de esquerda a dereita.

La Escala del Universo

5 feb 2014

Polas ondas un navío

Do poeta Antonio García Teijeiro aprendimos estes fermosos versos, que teñen o aire medieval de Martín Códax. Está moi presente en internet, e podes atopalo en varios sitios. A voz que recita o poema é de Aitana, pero os debuxos son de Diego, Alba, Daniela, Gabriela, Sara S., Silvia e Xabier, e tamén dela. Ben, en realidade non son debuxos acabados, son borradores…

4 feb 2014

O porquiño con botas

Desde hai tempo, en moitas sesións de cálculo mental e noutras aventuras de aula sempre aparece un porquiño. Non sabemos se é de raza vietnamita ou máis ben un porco anano, pero aseméllase ao da foto.

Mini Pig in Boots

Creo que todo isto esconde unha historia que debemos atopar. Porque hai moitas cousas que descubrir:

  • De quen se trata? Que lle pasou? A onde quería ir? Quen foi o protagonista principal desta historia?
  • Tivo o protagonista moitas dificultades? Recibiu algunha clase de axuda? Enfrontouse con algún inimigo? Debeu superar algunha proba?
  • Como se solucionaron os seus problemas? Volveu a casa? Sentiu o aprecio da súa xente? Houbo algunha festa ao final?

As ideas anteriores son só suxerencias, pois neste proxecto serás ti quen organice e constrúa a historia do porquiño con botas. O único obrigatorio é que terás que utilizar as fórmulas marabillosas para iniciar e rematar os contos, que xa coñeces.