30 oct 2014

O antílope dourado

Nas terras da India coñecimos unha historia chamada O antílope dourado. Tratábase dun conto popular, pero que nesta versión era unha adaptación do escritor Rudyard Kipling. Agora presentamos as imaxes dixitais que máis gustaron. Para esta actividade utilizamos o programa MyPaint

O antílope dourado (Silvia Márquez, 2014)

28 oct 2014

Xa chegaron as cabazas

Estamos no Samaín, en Halloween, e aquí temos unhas fotos para demostralo. Pero aínda que só son fotos e non hai nada escrito, quen sabe o que pasará máis tarde…

22 oct 2014

Películas, Samaín, Halloween

Contan que o Hallowen é unha festa de orixe celta que se celebra en moitos sitios de lingua inglesa. En Galicia, nos últimos anos, apareceu co nome de Samaín, unha de son céltico. Nos dous casos as datas de celebración son as mesmas: do 31 de outubro ao 1 de novembro.

20 oct 2014

Ismaíl o astronauta

Hai algúns anos, exactamente no 2008, o nome de Ismaíl viaxou ata a Lúa grazas á NASA, a axencia espacial americana. Daquela foi mediante o Project Moon, e agora o sen nome irá ao espazo no Orion’s Flight Test. Por iso, xa ten a súa tarxeta de embarque para o voo inaugural da nave Orion. Anímate e consegue a túa…

Preme aquí para ver a tarxeta máis grande.

19 oct 2014

Linguas, Mates, Medio [3]

O curso avanza pouquiño a pouco. Por iso hai actividades especiais para unha nova unidade. E tamén algunhas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas: Potencias y raíz cuadrada 

Coñecemento do Medio

16 oct 2014

Os ollos de Arundhati

Nunha historia secreta que se conta de Ismaíl, relátanse algunhas das súas vivencias con Arundhati, que foi unha boa amiga. Pero ela marchou cara o sur cando os seres diminutos fuxiron dos humanos. Hai uns días escoitaron isto e leron a historia. O que viron e imaxinaron está aquí, ou debaixo se premes na imaxe… Sorprendente!

Arundhati, de Sara Sánchez (2014)

15 oct 2014

As fotos nunha ruta

Non hai nada mellor que unhas fotos bonitas para mostrar un proxecto. Talvez algún día calquera destes exploradores viaxe pola Ruta da Seda, na busca dalgún misterio ou para colaborar coas súas xentes. Pero agora están aquí, imaxinando mundos…

14 oct 2014

De camiño á India

Hoxe decidimos apartarnos un pouquiño da vía principal da Ruta da Seda e dirixirnos cara á India. Había outra opción, o Xapón, onde agardaba un pescador de nome Urashima. Pero as exploradoras e exploradores escolleron o camiño hindú.

A historia da India titúlase O antílope dourado. Trátase dun conto popular daquelas terras, aínda que na versión dun famoso escritor inglés que se chamaba Rudyard Kipling

13 oct 2014

O traballo de Julia

Creo que xa precisabamos algunha presentación vosa no blog. E foi Julia a primeira en facelo neste curso, o que se agradece, e sobre todo polo tema que elixiu para investigar. Así, o seu traballo pasará a formar parte do noso proxecto

12 oct 2014

Malala Yousafzai

Hai algún tempo, no mes de marzo deste ano, falamos da vida de Malala Yousafzai. Pois ben, acaba de recibir o Premio Nobel da Paz 2014, xunto con Kailash Satyarthi, pola súa defensa da educación infantil.

Os seus inimigos, os que intentaron acabar coa súa vida, non recoñecen a súa verdade, e por iso xa recibiu novas ameazas. Pero nós non esqueceremos o seu nome. Así, neste enlace, e nos outros deste post, poderás saber moitas máis cousas. Será necesario para realizar as actividades que che diremos. Ademais, a súa terra tamén está relacionada coa Ruta da Seda, o noso proxecto

Malala Yousafzai

10 oct 2014

Voluntarios contra Fahrenheit

Os monstros de Fahrenheit regresaron. Co seu poder atraparon de novo a algúns dos nosos aprendices, e polo tanto precisan a vosa axuda. O que pedimos son voluntarios para conseguir o seu rescate lector. O que buscamos son compañeiras e compañeiros que non sintan medo, e así poder salvar a eses “prisioneiros” das letras e dos monstros… Apúntate, por favor!

O monstro Súper Fahrenheit

8 oct 2014

Exploracións na Ruta da Seda

Entramos sen medo nos camiños desta ruta milenaria entre Asia e Europa. Comezamos a ler as súas historias, descubrimos os seus lugares e ás xentes que viven alí, escoitamos as súas músicas e usamos novas ferramentas para aprender. Por esa razón, agora sabemos da princesa chinesa Leitzu e os vermes de seda, e de Gulnara a guerreira mongola que vivía nas estepas do norte. Incluso soubemos de Arundhati e os seus ollos negros, pero iso é outra historia…

5 oct 2014

Linguas, Mates, Medio [2]

Xa o sabes, sempre que haxa posibilidades haberá tarefas especiais para os distintos temas dos libros. Agora, a Unidade 2…

Lengua Castellana

Matemáticas: Operaciones con números naturales

Coñecemento do Medio: Fíxate nos apartados do tema do libro e busca en Abalar materiais interesantes para esta Unidade de Medio.

3 oct 2014

Un proxecto de outono

Foi hoxe cando realmente anunciamos o novo proxecto. Entre outras palabras, dixemos o seguinte:

Empezas unha viaxe polos mundos da chamada Ruta da Seda, un camiño milenario entre Europa e Asia. Pero ten en conta que o máis importante será a viaxe mesma. Así que goza e aprende. De paso, anota no teu pasaporte especial as historias que descubras, os países que visites e as súas capitais, e outros datos que che interesen… Moita sorte, viaxeir@s!

A Ruta da Seda

1 oct 2014

A princesa Leitzu

O noso proxecto Ismaíl na Ruta da Seda está en marcha, e todos os viaxeiros de historias e de libros agardan as súas aventuras. Como a princesa Leitzu, ou Xi Lingshi. E tamén nós, por suposto. Desde as terras da China, lendo, escribindo, facendo e compartindo tentaremos chegar de novo ata aquí. Como non queremos perder o camiño, necesitaremos a forza dos exploradores… Estás preparado? Estás lista?

No seguinte álbum de fotos podes ver os traballos de: Aitana, Matías, Daniela, Julia, Silvia, Nicolás, Sara Sánchez, Alba, Gabriela...

A princesa Leitzu, de Gabriela Santos (2014)