27 abr. 2014

Ismaíl o diminuto

Agora sabemos algo máis do mundo de Ismaíl. Incluso hai na aula exploradoras e investigadores que buscan datos e novas sobre a súa misteriosa vida. Hai tempo que limos e gravamos esta historia, pero aínda non se publicara no noso canal de vídeo

Linguas, Mates, Medio (12)

Hai días que xa empezamos os novos temas. Agora tamén aparecen aquí…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

23 abr. 2014

O Día do Libro

Na Wikipedia podes ler: O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura… Celébrase cada 23 de abril.

Sobre os libros e a lectura escribíronse moitas cousas importantes. Aristóteles: Só o ser humano, entre os animais, posúe a palabra. Cicerón: Un fogar sen libros é como un corpo sen alma. Antón Cortizas: Se les é porque sabes, se sabes é porque les. Gianni Rodari: Todos os usos da palabra para todos. Non para que todos sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo…

E para que este día sexa unha festa, encheremos esta estantería cos nosos libros preferidos. Porque amamos as súas palabras, como dicía Rodari, o mestre.

14 abr. 2014

Un gran equipo

Agora, é unha boa idea lembrar ao último equipo de protagonistas co que logramos o récord dos 2000 comentarios. Tiveron que loitar contra algúns monstros perigosos: o aburrimento, a televisión, o sofá, e tamén contra o esquecemento, igual que lle pasou a Ismaíl. A verdade é que foi un equipo de auténticos heroes…

Lucía, Xabier, Aitana, Sergio Ramos, Natalia, Silvia, Julia, Sara Sánchez, Iniesta, Gabriela e Javier

11 abr. 2014

A festa dos 2000 comentarios

Estes días celebramos a festa dos 2000 comentarios, que tanto esforzo precisou. Pero todo acabou ben grazas a un gran equipo: Lucía, Xabier, Aitana, Natalia, Silvia, Julia, Sara Sánchez, Gabriela e Javier. Houbo moitas cousas: a película de noso amigo Nick, bailes, chistes, comida e, sobre todo, tres boas tartas. A colaboración das familias foi, polo tanto, espectacular!

A festa dos 2000 comentarios on PhotoPeach

8 abr. 2014

Salvemos aos libros de Fahrenheit

No mundo imaxinario de Fahrenheit 451 a xente sabía ler, pero realmente estaba prohibido facelo. Só podían coñecer as instrucións que lles indicaban, e nada de historia, filosofía ou literatura… Por iso na clase precisamos de lectores que salven aos libros. E aínda que xa temos, necesitamos máis, moitos máis. E tamén por iso disfrutamos de contadores de historias para os nenos e nenas de Infantil. Pois eses contacontos son lectores e lectoras que salvarán libros para outros. Como Alba e Aitana; Adrián M. e Javier; Sara V., Silvia e Xabier; Gabriela e Antón; Daniela, Natalia e Adrián B.; Sergio, Pablo e Hugo; Julia, Sara S. e Matías…

7 abr. 2014

A vida e os nenos do mundo

Xa sabes que o embarazo dura ao redor de nove meses. Durante ese tempo, o corpo da muller pasa por diversas etapas, que neste vídeo se resumen en 3 minutos…

A vida dos nenos no mundo é moi diferente, pois os países e as culturas tamén son distintos, como podes comprobar aquí. Esa vida e as súas formas son temas moi bos para a nosa Aula de poesía. Utilízaos!

3 abr. 2014

A película das bolboretas

Contan que no ano 1929 houbo outra crise económica moi mala, á que chamaron Gran Depresión. Ese é o escenario principal desta película que protagoniza o noso amigo Nick Vujicic. Ah, así empezamos os festexos dos 2.000 comentarios.

Se queres escoitar todas as palabras de Natalia Lizeth, que foron tan fermosas, preme aquí. E lembra que nese discurso tiña só 11 anos

2 abr. 2014

Linguas, Mates, Medio (11)

Hai que seguir, e ti xa o sabes, porque o curso avanza e aínda non rematou.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

1 abr. 2014

Novas historias de Ismaíl

Hai moitas semanas, creo que foi a principios de curso, tres nenas apareceron cunha historia. Eran Sara S., Aitana e Sara V., e explicaron que descubriran un conto de Ismaíl, e que tiñan a intención de saber toda a verdade. O certo é que tardamos en dicir isto, pero agora é moi importante. Necesitamos a vosa axuda para escribir todas as historias…

Ismaíl e o seu cabalo Buligán